chove en porto

Paseando polas ruas desta cidade, unha compostela con mar (?), ollando para o tras-patio dunha finca, espazo para unha leira, onde o tendeiro do lado cultiva tomateiras, e froitos tropicais adoptados. Chove miudo, a neboa facendose pingueiras invisibles. Non chega  a ser poalla, non chega mais que a folerpas de orballo, arremuinhos lixeiros na brisa. Bretemas doutro Vigo mais meridional, dependente da elite lisboeta corrupta coma a nosa que deixou atras de si os vellos santuarios do pais, case a capital antiga dunha elite anterior.

A identidade mitica é cousa dos que poden adicar o tempo a construiren nesa choiva, con este orballo. O resto somos (agora que todo é dixestión dixital) consumidores de contos herdados. Non temos nada que deixar á seguinte xeración.