voltar a Pessoa, e atopar…

Podes voltar a el por calquera dos caminhos posibles, e sempre vas atopar algo novo. O xogador das palabras, o Joyce portugués (outro neno á beira do Atlantico). Os ambientes opresivos que nun Kafka levan ao non entendemento, á loucura, en Pessoa son unha excusa para o xogo das palabras, Carroll, Alicia era uma personagem de D. Fernando.

Postos a construirmonos uma torre de cristal (de marfim, ja no trabalho) nela habitariamonos cos eleitos Carroll, Joyce, Keats, Rilke, Pessoa, Drummond de Andrade.

Un paradiso que contenha as cousas interesantes deste mundo, uma quinta permacultora autosuficiente con textos dos poetas, outro paradiso artificial

Faiscas para misturar, esencias alquimicas que fornecen felicidade. O trabalhador dun lugar griseiro, detectando comportamentos, tendencias, patróns, no caos das maquinas conectadas, atopa sentido nun grupo de palabreiros.

E segundo pasa o tempo, as estacións vanse facendo iguais e plenas, No verán, as brétemas do comezo do verán en Dublin; no inverno as corredoiras dunha Auria traslocada en Monforte, ou calquera outro lugar con rio.

Hoje é sexta-feira, e temos ainda todo o tempo do mundo por diante.