tralo valo

no Interceltico de Lorient de 2019, na primeira fin de semana de Agosto (igual que a vikingada):

“Tralo-Valo a liberación das cadeas nos corpos a través do baile e na alma a través das cancións. Son o dúo da tocadora Carme da Pontragha e o sanfonista Ariel Ninas. Música para o baile de matriz patrimonial, que se conservou ao longo de xeracións e florece agora coa forza da tradición oral: muiñeiras, pateados, romances, cancións de andar o camiño, alalás, agarrados. Formato único que nace da vontade de facer danzar co poder ancestral da pel e a madeira da pandeireta, as cordas de tripa da sanfona e as cordas vogais da gorxa. Sobre melodías tradicionais e novas composicións de inspiracións na música de raíz, recuperan coplas e compoñen outras novas para criar un discurso coherente, positivo, crítico e en feminino. Enriba da base sonora dun bordón grave e continuo debuxan células melódicas repetitivas, case hipnóticas que constrúen sobre os ritmos dos antiguos.”

Son para os ver: