Shubarth, Cancioneiro Popular Galego

Unha melodía non é unha creación singular, senón a re creación instantánea dun tipo melódico. As melodías da tradición oral non son creacións fixas senón recreacións susceptibles de variación de persoa a persoa e de xeración a xeración. Na súa feitura actual están adaptadas á maneira de cantar de agora; a súa forma orixinaria remóntase a tempos remotos. Cada melodía tén a súa propia historia.