A “crónica” de Idacio de Limia, Bispo de Chaves – José Antonio López Silva

As afirmacións tradicionais sobre Idacio facían fincapé explícito en que a continuación do xénero cronístico que facía se desenvolvía nun contexto cultural deficitario en moitos niveis, e en particular, para o propio acto de escribir. O devandito déficit plasmaríase a nivel autorial de xeito concreto na inexactitude de certos datos ofrecidos na Crónica, pero tamén polo mero feito de continuar un xénero de contornos literarios moi laxos. De aí que, se ben se lle recoñecía un certo valor a algúns episodios narrativos idacianos, polo xeral a súa redacción era acusada de difícil, ambigua e monótona, conforme ó xénero do que era continuador