Domo de pallets, la idea

Reducir el diseñoa los pentagonos y hexagonos basicos?

Usar los nodos necesarios y prescindir del resto?

O superponer la estructura de triangulos a las “tapas” internas de pallets retocados??

pessoa, lovecraft, dandys, flanneurs, …

funcionarios, xente improductiva, operarios con tempo de lecer, diletantes integrados na maquinaria do sistema, isolinos na texas dos livros e mais os deuses antigos, aristocratas do mundo dos sonhos.

Dunsanny, Poe, Pessoa, Lovecraft, Kafka…
Ver mais no livro do dessassosego

voltar a Pessoa, e atopar…

Podes voltar a el por calquera dos caminhos posibles, e sempre vas atopar algo novo. O xogador das palabras, o Joyce portugués (outro neno á beira do Atlantico). Os ambientes opresivos que nun Kafka levan ao non entendemento, á loucura, en Pessoa son unha excusa para o xogo das palabras, Carroll, Alicia era uma personagem de D. Fernando.

Postos a construirmonos uma torre de cristal (de marfim, ja no trabalho) nela habitariamonos cos eleitos Carroll, Joyce, Keats, Rilke, Pessoa, Drummond de Andrade.

Un paradiso que contenha as cousas interesantes deste mundo, uma quinta permacultora autosuficiente con textos dos poetas, outro paradiso artificial

Faiscas para misturar, esencias alquimicas que fornecen felicidade. O trabalhador dun lugar griseiro, detectando comportamentos, tendencias, patróns, no caos das maquinas conectadas, atopa sentido nun grupo de palabreiros.

E segundo pasa o tempo, as estacións vanse facendo iguais e plenas, No verán, as brétemas do comezo do verán en Dublin; no inverno as corredoiras dunha Auria traslocada en Monforte, ou calquera outro lugar con rio.

Hoje é sexta-feira, e temos ainda todo o tempo do mundo por diante.

elementos para unha nova hestoria de Ferrín

os Ocupantes, os Romanos, os militarizados que pisan con botas de besta as ruas da nosa Cidade Sagrada

a Cidade Sagrada, o espazo de ruas e ruelas, corredoiras, regatos e leiras, que constitue o marco

a Torre dos Clerigos, antena que da cobertura para acceso á Rede á Cidade, e dende onde todo é vixiado

a Rede, noosfera, espazo informacional ubicuo que comezou sendo agocho de disidencia, pero agora é espazo de control total

 

non é ciencia ficcion, é escritura politica contemporanea

chove en porto

Paseando polas ruas desta cidade, unha compostela con mar (?), ollando para o tras-patio dunha finca, espazo para unha leira, onde o tendeiro do lado cultiva tomateiras, e froitos tropicais adoptados. Chove miudo, a neboa facendose pingueiras invisibles. Non chega  a ser poalla, non chega mais que a folerpas de orballo, arremuinhos lixeiros na brisa. Bretemas doutro Vigo mais meridional, dependente da elite lisboeta corrupta coma a nosa que deixou atras de si os vellos santuarios do pais, case a capital antiga dunha elite anterior.

A identidade mitica é cousa dos que poden adicar o tempo a construiren nesa choiva, con este orballo. O resto somos (agora que todo é dixestión dixital) consumidores de contos herdados. Non temos nada que deixar á seguinte xeración.

porto, dia un

chegada, ben despois da hora prevista (era as 6 da tarde local), voltas, moitas voltas, polas ruas e polo mapa, preguntando pola rua martires da liberdade.

semella que dentro do imaxinario colectivo da xente estan os martires da liberdade, pola senhora que nos soubo decir onde quedaba a rua dende ben lonxe.

primeiras exploracions, un Froiz galego/hespanhol ben cerca do piso, ao lado da parada do tranvia de trinidade

lugares nos que as historias se desenvolven

a comisaria da praza do Coronel Pacheco, en Oporto. Pouco mais que un posto de guardia nun edificio de fachada de telha verde oscuro.

Fora de Amazon, fora da ollada dos planificadores de accions violentas, so abalado (como as pedras de abalar) polas indas e vindas dos turistas culturais, e os usuarios de livrarias (poesia, teatro) nunha cidade que se derrumba aos poucos.

que ver en…

google vaise convertindo na interfaz universal para case toda informacion no noso mundo cotian. E a vella maxima de que se non pagas, eres o producto, segue mantendose no mundo ultra-neo-liberal no que estamos a desenvolvernos. As burbullas do “estado do benestar” vanse diluindo, e as novas burbullas das franquicias-estado ainda non foron quen de fornecer un modelo alternativo para ningunha maioria

Google e os seus servizos de balde pode ser o mais semellante, en caso de que as masas (agora “os usuarios”) sigan tendo capacidade de gasto, de consumo, de decision.

Capacidade de decision e consumo van ter sempre, o que pode cambiar e a escala dese consumo, en lugar de seren consumidores dunha hipoteca, dun piso, dunha rutina asociada a unha nomina, pode que sexan consumidores de moi pequenas cousas, de servizos de pequena escala. Economias de escala, pero dende o pequeno.

Historia del siglo XX – Eric Hobsbawm

La novedad radicaba sobre todo en la escala de las operaciones de estas entidades transnacionales: a principios de los años ochenta las compañías transnacionales de los Estados Unidos acumulaban tres cuartas partes de las exportaciones del país y casi la mitad de sus importaciones, y compañías de este tipo (tanto británicas como extranjeras) eran responsables de más del 80 por 100 de las exportaciones británicas (UN Transnational, 1988, p. 90

Historia del siglo XX – Eric Hobsbawm

No obstante, empezó a aparecer, sobre todo a partir de los años sesenta, una economía cada vez más transnacional, es decir, un sistema de actividades económicas para las cuales los estados y sus fronteras no son la estructura básica, sino meras complicaciones. En su formulación extrema, nace una, «economía mundial» que en realidad no tiene una base o unos límites territoriales concretos y que determina, o más bien restringe, las posibilidades de actuación incluso de las economías de grandes y poderosos estados